Só sei que non sei nada! (Sócrates, filósofo 470-399aC)

O silencio social é unha forma de represión


29/8/11

Dereitos da Muller e da Cidadá


Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá

Para ser decretados pola Asemblea Nacional nas súas últimas sesións ou na próxima lexislatura.

Preámbulo: As nais, as fillas, as irmás, representantes da Nación, solicitan ser constituídas en Asemblea Nacional. Considerando que a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos da muller son as únicas causas das desgrazas públicas e da corrupción dos gobernos, decidiron expor nunha solemne declaración, os dereitos naturais, inalienábeis e sagrados da muller, co fin de que esta declaración, presente continuamente na mente de todo o corpo social, lles lembre continuamente os seus dereitos e os seus deberes; co fin de que os actos de poder das mulleres e os actos de podes dos homes poidan ser comparados en calquera momento co obxectivo de toda institución política, e sexan máis respectados; co fin de que as reclamacións das cidadás, baseadas no sucesivo sobre principios sinxelos e incontrovertíbeis, tendan sempre cara o mantemento da Constitución, dos bos costumes e da felicidade de todos.
En consecuencia, o sexo superior, tanto en beleza como en valor- como demostran os sufrimentos maternos- recoñece e declara, en presenza e baixo os auspicios do Ser Supremo, os seguintes Dereitos da Muller e da Cidadá.

Artigo I: A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos. As distincións sociais non poden estar baseadas máis que na utilidade común.

Artigo II: O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritíbeis da muller e do home; estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión.

Artigo III: O principio de toda soberanía reside, esencialmente, na Nación, que non é outra cousa que a reunión da muller e do home; ningún corpo e ningún individuo pode exercer autoridade algunha que non emane expresamente desta soberanía.

Artigo IV: A liberdade e a xustiza consiste en devolver todo canto pertence a outros; así pois, o exercido dos dereitos naturais da muller non ten máis limitacións que a tiranía perpetúa á cal o home a somete; estas limitacións deben ser modificadas por medio das leis da natureza e da razón.

Artigo V: As leis da natureza e da razón prohiben calquera acción prexudicial para a sociedade: todo o que non este prohibido por estas leis, sabias e divinas, non poden der impedido e ninguén pode ser obrigado a facer algo que non se inclúa das devanditas leis.

Arigo VI: A lei debe ser a expresión da vontade xeral; todas as cidadás e cidadáns deben concorrer, xa sexa persoalmente ou a través dos seus representantes, á formación de dita lei. Esta debe ser a mesma para todos, todas as cidadás e todos os cidadáns, ao ser iguais ante os ollos da lei, deben ser admitidos por igual a calquera dignidade, posto ou emprego público, segundo as súas capacidades, sen outras distincións que as derivadas das súas virtudes e os seus talentos.

Artigo VII: Ningunha muller está excluída desta regra; só poderás ser acusada, detida ou encarcerada naqueles casos que data a lei. As mulleres obedecen exactamente igual cos homes a esta lei rigorosa.

Artigo VIII: A lei non debe establecer outras penas que as estritas e evidentemente necesarias, e ninguén pode ser castigado máis que en virtude dunha lei establecida e promulgada antes que a comisión do delito e que legalmente poida ser aplicábel ás mulleres.

Artigo IX: A calquera muller que foi declarada culpábel debe aplicárselle a lei con todo o seu rigor.

Artigo X: Ninguén pode ser molestado polas súas opinións, aínda as máis fundamentais. A muller ten o dereito a ser levada ao cadafalso, e, do mesmo xeito, o dereito a subir á tribuna, sempre, que as súas manifestacións non alteren a orde pública establecida pola lei.

Artigo XI: A libre comunicación de pensamentos e opinións é un dos dereitos máis valiosos da muller, xa que esta liberdade asegura a lexitimidade dos pais con respectos dos fillos. Calquera cidadá pode, pois, dicir libremente "eu son nai dun neno que vos pertence", sen que un prexuízo bárbaro a obrigue a disimular a verdade; salvo a responder polo abuso que puidera facer desta liberdade, nos casos determinados pola lei.

Artigo XII: A garantía dos dereitos da muller e da cidadá necesita dunha utilidade maior, esta garantía debe intuírse para beneficio de todos e non para a utilidade particular daquelas a quen se lles confiou.

Artigo XIII: Para o mantemento da forza pública e os gastos da administración, serán iguais as contribucións de homes e mulleres; a muller participará en tódalas tarefas ingratas e penosas, polo tanto debe poder participar na distribución de postos, empregos, cargos e honras, e na industria.

Artigo XIV: As cidadás e os cidadáns teñen dereito a comprobar por si mesmos ou por medio dos seus representantes a necesidade da contribución do erario público. As cidadás non poden dar o seu consentimento a dita contribución se non é a través da admisión dunha participación e equivalente, non só en canto á fortuna, senón tamén na administración pública e na determinación da cota, a base impoñíbel, a cobranza e a duración do imposto.

Artigo XV: A masa das mulleres, unida á dos homes para a contribución ao erario público, ten dereito a pedir contas a calquera axente pública da súa xestión administrativa.

Artigo XVI: Toda sociedade na que non este asegurada a garantía dos dereitos, nin a separación dos poderes, non pode dicirse que teña unha constitución. A constitución non pode considerarse como tal se a maioría dos individuos que compoñen a Nación non colaborou na súa redacción.

Artigo XVII: As propiedades son para tódolos sexos, reunidos ou separados. Teñen para cada un, o dereito inviolábel e sagrado; a non ser que a necesidade pública, legalmente constatada, o esixa de maneira evidente e a condición dunha xusta e previa indemnización.