Só sei que non sei nada! (Sócrates, filósofo 470-399aC)

O silencio social é unha forma de represión


Mostrando entradas con la etiqueta 1º Onda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º Onda. Mostrar todas las entradas

27/11/11

Feminismo da 1º Onda (IV): Mary Wollstonecraft


Mary Wollstonecraft naceu, o 27 de abril de 1759 (Spitafields, Londres), no seo dunha familia cunha economía moi inestábel debido aos negocios especulativos do seu pai. Tiña dúas irmás: Everira i Eliza.
Os seus proxenitores non se preocuparon de darlle unha educación a ningún nivel. Isto liverouna da educación propias das mulleres da época acerca de certos quefaceres do fogar. Porén, o pai da súa gran amiga J.Arden, un científico e filósofo, impartiulle clases a ambas.
Wollstonecraft rexeitou o matrimonio dende moi nova, ten escritos nos que, con 15 anos, xa se ve como unha vella solteirona.
Cando a súa irmá deu a luz un fillo, a escritora convenceuna para que fuxira dos malos tratos do seu marido e se fora a vivir con ela e unha amiga. Un escándalo para a época.
Coas súas irmás e a súa gran amiga F. Blood abre unha escola en Newington Green. Cando F.Blood casa, o seu marido lévaa a Europa nun intento de mellorar a súa saúde, pero consegue o efecto contrario e Wollstonecraft viaxa para ofrecerlle os últimos coidados. Á volta do falecemento, descobre que as irmás arruinaran a escola.
Comezou a traballar como institutriz para unha familia de Irlanda. O traballo só lle dura 11 meses debido ás confrontacións que ten coa nai dos nenos, mais a filla declará, aos poucos anos, que a súa institutriz lle librara a mente de toda clase de supersticións.
De volta en Inglaterra comeza a traballar para o editor Joseph Johnson. Adicouse unicamente a escribir, formarse e desenvolver o seu pensamento político.
Despois de dúas relacións tormentosas e escandalosas para a época, Mary casa co anarquista W.Godwin (feito polo que foron moi criticados) dado que quedara en cinta.
Morreu 10 días despois de dar a luz a súa filla, Mary Wollstonecraft (autora da novela Frankenstein), o 10 de setempro de 1797.

Estaba dacordo co plantexamento de Rousseau sobre a edución pero parecíalle deplorábel o papel que tiña reservado para as mulleres. Defendía unha educación destinada a "conseguir carácter como ser humano, independentemente do sexo ao que se pertenza"

As súas obras foron:
-Visión moral e histórica da orixe e evolución da Revolución Francesa (An Historical and Moral view of the origin and progress of the French Revolution, 1794)
-Letters Written during a Short Resisdence in Sweden, Norway and Denmark (1796)

Tamén ten traducións doutros autores, reseñas para o Analytical Review e obras postumas inacabadas.

Foi un deses seres que só aparecen unha vez por xeración, para botar sobre a humanidade un raio de luz sobrenatural. Ela brilla, aínda que pareza escurecerse e os homes crean que está apagada, pero reanímase de supeto para brillar eternamente.

Mary Wollstonecraft Shelley

2/9/11

Feminismo da 1º Onda (III): Olympe de Gouges

Marie Gouze naceu o 7 de maio de 1748 en Montauban, ao sur de Franza.

Era a filla ilexítima dun aristócrata moi influínte da época (Jean-Jacques Lefranc de Caix de Lisle et de Pompignan) pero que foi recoñecida polo marido da súa nai, un carniceiro (Pierre Gouze). A súa nai (Anne-Olympe Mouisset) era filla dun comerciante de teas, dun familia da baixa burguesía. Marie recibiu unha educación humilde, a considerada acaída para unha muller da súa posición social. Aos 17 anos (1765) casárona cun home maior co que tivo un fillo. Non foi feliz durante o matrimonio e expresou o seu desexo de non volver a facelo cando aos 22 anos se quedou viúva (1770). O matrimonio tivo un fillo: Pierre Aubray.

Neste punto decide tomar as rendas da súa vida. Renega do apelido do seu home (Aubray) e do seu pai (Gouze), toma como nome o apelido da súa nai Olympe e modifica o apelido do seu pai (de Gouge), pasando a chamarse Olympe de Gouge. Trasládase a París onde lle procura unha educación ao seu fillo mentres ela se adica a publicar. Relacionase coa elite literaria do momento nos salóns parisinos.

Aínda sendo filla ilexítima do marqués reclama os seus dereitos sobre a herdanza tanto económica como literaria. E preocupouse en cultivar o xénero dramático ao igual que seu pai. Publicou dramas cun marcado carácter social: “Os perigos dos prexuízos”, “Muller Misántropa”, “A necesidade do divorcio”, “O convento”, “Para a xente”, “Aristócratas e demócratas”, A escravitude dos negros”…

Debido a súa labor a prol da abolición da escravitude foi membro do Clube dos amigos dos negros. Tamén escribiu dous ensaios acerca deste tema: “Reflexión sobre os negros” e “O mercado dos negros”.

Escribiu novelas e artigos autobiográficos: “Olympe de Gouges, defensora non oficial de Luis Capet” (1792) e “Olympe de Gouges no Tribunal Revolucionario” (1793).

Pero esta muller non só escribe senón que tamén publica, coñecéndose ata 30 panfletos da súa autoría. Chega a dirixir un xornal: O Impaciente (L’Impatient), que lle servía de tribuna. Publicou: “As pantasmas da opinión política” (1792), “Resposta aos meus calumniadores” (1789), “Para salvar á Patria temos que respectar as tres ordes” (1789), “Proxecto sobre a formación dun Tribunal Popular Supremo Penal”, “Carta á xente”…

Tamén ten obras cun marcado carácter feminista: “Franza gardada por mulleres” (1789), “O senso dunha francesa” (1792), “Comunicación á convección, por unha verdadeira Republicana” (1793), “Un segundo proxecto de teatro e da maternidade” (1789).

Pero, sen dúbida, o seu texto máis importante é “Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá” (1791).

A Revolución Francesa constituíu unha arenga á igualdade universal entre persoas, pero ao final só quedou en teoría. Aínda que as mulleres tiveron un papel activo no proceso revolucionario, o novo goberno quixo relegalas de novo ao seu rol de amas de casa, obedientes e devotas esposas. Olympe reclama a igualdade real entre homes e mulleres, plasmada na participación delas na vida pública do país, na política e nas Asembleas. Reclama o dereito á propiedade, a educación ou o dereito a voto.

A autora chama as mulleres a organizarse e identifica a dominación masculina como a causante da súa situación de inferioridade. Presentouse o escrito á Asemblea pero foi ignorado, moitas compatriotas revolucionarias mandaron cartas protestando por este feito pero correron a mesma sorte que Olympe.

Foi participe na fundación da Societé populaire das femmes.

Ao igual que Montesquieu avogou pola separación de poderes. Foi moi crítica co terror xacobino e co goberno de Robespierre e Marat. Primeiro declarouse a favor da monarquía constitucional pero pronto asumiu os ideais republicanos dos Girondinos.

O 2 de novembro de 1793 foi levada á guillotina acusada de sedición e monárquica (opúxose á morte de Luis XVI). Na súa maior obra escribiu que se as mulleres tiñan dereito de ir ao cadafalso tamén o tiñan de subir á tribuna… mágoa que non lle deran tantas facilidades para o segundo coma para o primeiro!

E como adoita pasar ao longo da historia tentaron destruír o seu legado, posto que resulta moi complexo reconstruír a vida desta muller que transcorreu non hai 300 anos. E incluso a maior parte dos historiadores a tachan de ignorante e restan importancia aos seus escritos. Acúsana de cambiar de partido como de roupa e non atender aos designios da razón e deixarse levar polas súas emocións.

Fluctuaba dun partido a outro, segundo a súa sensibilidade e as ondas do seu corazón
(Sazbón, Jose. Editor. Cuatro mujeres en la revolución francesa. Editorial Biblios. Colección Lado B. Buenos Aires 2007. Pág. 46)

Ela permitiuse a si mesma actuar e escribir acerca de máis dun asunto que a súa débil cabeza non entendía
(Michelet, Jules. Le Révolution FranÇais. NationMaster.com)

A muller non era considerada ninguén se non tiña un pai, un marido ou un amante que a protexera, ou sexa que ela non fixo máis que procurarse o que necesitaba
(C. Cardona Gamio Ediciones 2005. http://www.ccgediciones.com/Sala_de_Estar/Biografias/olympegouges.htm)

29/8/11

Dereitos da Muller e da Cidadá


Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá

Para ser decretados pola Asemblea Nacional nas súas últimas sesións ou na próxima lexislatura.

Preámbulo: As nais, as fillas, as irmás, representantes da Nación, solicitan ser constituídas en Asemblea Nacional. Considerando que a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos da muller son as únicas causas das desgrazas públicas e da corrupción dos gobernos, decidiron expor nunha solemne declaración, os dereitos naturais, inalienábeis e sagrados da muller, co fin de que esta declaración, presente continuamente na mente de todo o corpo social, lles lembre continuamente os seus dereitos e os seus deberes; co fin de que os actos de poder das mulleres e os actos de podes dos homes poidan ser comparados en calquera momento co obxectivo de toda institución política, e sexan máis respectados; co fin de que as reclamacións das cidadás, baseadas no sucesivo sobre principios sinxelos e incontrovertíbeis, tendan sempre cara o mantemento da Constitución, dos bos costumes e da felicidade de todos.
En consecuencia, o sexo superior, tanto en beleza como en valor- como demostran os sufrimentos maternos- recoñece e declara, en presenza e baixo os auspicios do Ser Supremo, os seguintes Dereitos da Muller e da Cidadá.

Artigo I: A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos. As distincións sociais non poden estar baseadas máis que na utilidade común.

Artigo II: O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritíbeis da muller e do home; estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión.

Artigo III: O principio de toda soberanía reside, esencialmente, na Nación, que non é outra cousa que a reunión da muller e do home; ningún corpo e ningún individuo pode exercer autoridade algunha que non emane expresamente desta soberanía.

Artigo IV: A liberdade e a xustiza consiste en devolver todo canto pertence a outros; así pois, o exercido dos dereitos naturais da muller non ten máis limitacións que a tiranía perpetúa á cal o home a somete; estas limitacións deben ser modificadas por medio das leis da natureza e da razón.

Artigo V: As leis da natureza e da razón prohiben calquera acción prexudicial para a sociedade: todo o que non este prohibido por estas leis, sabias e divinas, non poden der impedido e ninguén pode ser obrigado a facer algo que non se inclúa das devanditas leis.

Arigo VI: A lei debe ser a expresión da vontade xeral; todas as cidadás e cidadáns deben concorrer, xa sexa persoalmente ou a través dos seus representantes, á formación de dita lei. Esta debe ser a mesma para todos, todas as cidadás e todos os cidadáns, ao ser iguais ante os ollos da lei, deben ser admitidos por igual a calquera dignidade, posto ou emprego público, segundo as súas capacidades, sen outras distincións que as derivadas das súas virtudes e os seus talentos.

Artigo VII: Ningunha muller está excluída desta regra; só poderás ser acusada, detida ou encarcerada naqueles casos que data a lei. As mulleres obedecen exactamente igual cos homes a esta lei rigorosa.

Artigo VIII: A lei non debe establecer outras penas que as estritas e evidentemente necesarias, e ninguén pode ser castigado máis que en virtude dunha lei establecida e promulgada antes que a comisión do delito e que legalmente poida ser aplicábel ás mulleres.

Artigo IX: A calquera muller que foi declarada culpábel debe aplicárselle a lei con todo o seu rigor.

Artigo X: Ninguén pode ser molestado polas súas opinións, aínda as máis fundamentais. A muller ten o dereito a ser levada ao cadafalso, e, do mesmo xeito, o dereito a subir á tribuna, sempre, que as súas manifestacións non alteren a orde pública establecida pola lei.

Artigo XI: A libre comunicación de pensamentos e opinións é un dos dereitos máis valiosos da muller, xa que esta liberdade asegura a lexitimidade dos pais con respectos dos fillos. Calquera cidadá pode, pois, dicir libremente "eu son nai dun neno que vos pertence", sen que un prexuízo bárbaro a obrigue a disimular a verdade; salvo a responder polo abuso que puidera facer desta liberdade, nos casos determinados pola lei.

Artigo XII: A garantía dos dereitos da muller e da cidadá necesita dunha utilidade maior, esta garantía debe intuírse para beneficio de todos e non para a utilidade particular daquelas a quen se lles confiou.

Artigo XIII: Para o mantemento da forza pública e os gastos da administración, serán iguais as contribucións de homes e mulleres; a muller participará en tódalas tarefas ingratas e penosas, polo tanto debe poder participar na distribución de postos, empregos, cargos e honras, e na industria.

Artigo XIV: As cidadás e os cidadáns teñen dereito a comprobar por si mesmos ou por medio dos seus representantes a necesidade da contribución do erario público. As cidadás non poden dar o seu consentimento a dita contribución se non é a través da admisión dunha participación e equivalente, non só en canto á fortuna, senón tamén na administración pública e na determinación da cota, a base impoñíbel, a cobranza e a duración do imposto.

Artigo XV: A masa das mulleres, unida á dos homes para a contribución ao erario público, ten dereito a pedir contas a calquera axente pública da súa xestión administrativa.

Artigo XVI: Toda sociedade na que non este asegurada a garantía dos dereitos, nin a separación dos poderes, non pode dicirse que teña unha constitución. A constitución non pode considerarse como tal se a maioría dos individuos que compoñen a Nación non colaborou na súa redacción.

Artigo XVII: As propiedades son para tódolos sexos, reunidos ou separados. Teñen para cada un, o dereito inviolábel e sagrado; a non ser que a necesidade pública, legalmente constatada, o esixa de maneira evidente e a condición dunha xusta e previa indemnización.

16/7/11

Feminismo da 1º Onda

Despois deste parón tan grande imos a retomar a andaina do feminismo. Xa podemos falar como feminismo propiamente dito, e por iso, vou tomar como referencia á hora de organizar as seguintes entradas a estrutura do libro Feminismo para principiantes de Nuria Varela(o cal vos recomendo que leades para ter unha ampla visión do feminismo a nivel global e estatal)

Entramos xa no século S.XVIII, onde se produce o cambio de Idade da Moderna á Contemporánea (1705, máquina de vapor; 1751, a Enciclopedia; 1776, independencia de Estados Unidos e 1789 a Revolución Francesa)

Neste século e onde entramos no feminismo como movemento social. Ten lugar a chamada 1º Onda.

Os acontecementos cruciais desta etapa foron a Revolución Francesa e a Independencia dos EEUU (este serve para xestar o feminismos da segunda onda), coas súas respectivas declaracións que tiveron consecuencias nefastas para a situación das mulleres

Agora déixovos o primeiro parágrafo do libro que antes mencionei

O feminismo é un impertinente -como chama a Real Academia Española a todo aquilo que molesta de palabra ou de obra-. É moi sinxelo facer a proba. Basta con mencionalo. Dise feminismo e cal palabra máxica, inmediatamente, os nosos interlocutores torcen o xesto, mostran desagrado, póñense á defensiva ou, directamente, comeza a refrega.
Por que? Porque o feminismo custiona a orde establecida para quen a estableceron, é dicir, para quen se benefician dela.