Só sei que non sei nada! (Sócrates, filósofo 470-399aC)

O silencio social é unha forma de represión


14/12/10

O nome do blogue ten a súa principal musa en Simone de Beauvoir e no seu libro o Segundo sexo.

O libro tivo, e segue a ter, unhas influencias e repercursións de gran magnitude, tanto que son difíciles de apreixar e recompilar; é imposible medir o impacto da escritora feminista máis lida do mundo.


Esta obra inspirou gran parte do feminismo teórico da segunda metade do XX, posto que dun signo ou doutro as feministas tiveron que referirse sempre a el, sobre todo na chamada "Segunda Onda" de feminismo nos anos 70 do pasado século. Considérase o libro de cabeceira para o denominado "feminismo da igualdade", de corte ilustrado e universalista e que en síntese afirma a igualdade en todos os aspectos -agás o biolóxico, por suposto- entre homes e mulleres e, polo tanto, basea as súas reinvindicacións na procura da equiparación do sexo considerado débil, segundo, outro...
Mais o "feminismo da diferenza" ou esencialista, entendido como o opoñente a este, defende que a muller é radicalmente diferente do home e, xa que logo, pretende distanciarse do masculino e situarse nun plano distinto ou mesmo superior ao do home."

África López Souto

O feminismo, ese gran descoñecido. Propoño un cursiño modesto de formación para saber como foron os seus comezos e que andan a dicir as feministas da actualidade.
Para que cando nos falen das teorías queer non teñamos que por cara de poker.

A idea ocorreuseme agora mesmo polo que necesito madurala. Pero a ver que sacamos disto en claro


Para rematar un par de citas que saquei do libro antes mencionado, e que vos recomendo que leades.



"Hai un principio bo que creou a orde, a luz e o home, e un principio malo que creou o caos, as tebras e a muller."
Pitágoras

"Todo canto levan escrito os homes sobre as mulleres debe ser considerado sospeitoso, ao seren eles xuíz e parte a un tempo."
Poulain de la Barre

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribide o que queirades pero con sentidiño!