Só sei que non sei nada! (Sócrates, filósofo 470-399aC)

O silencio social é unha forma de represión


14/12/10

Definición de feminismo

Atarefadas en facer feminismo, as mulleres feministas non se preocuparon demasiado en definilo

conta Victoria Sau no seu libro Dicionario Ideolóxico feminista do que reproduzo un fragmento referido á definición do feminismo:

No Dicionario (patriarcal) Ilustrado de la Lengua a voz feminismo é definida torpemente así: Doutrina social que concede á muller igual capacidade e os mesmos dereitos ca os homes.

Así de breve, falsa e tendenciosa a asume a Academia de la Lengua (patriarcal). A propia definición incorre en aquilo contra o que o feminismo loita: considerar que a suprema mellora é elevar á muller á categoría do home como ser modélico, activo, dona da súa propia loita e suprimir ou disimular calquera imaxe da muller coa do presente.

O Diccionario (patriarcal) Larouse di: Feminismo: Tendencia a mellorar a posición da muller na sociedade.

Nun artigo feminista do que son autoras Anne e Jacqueline lese: "O feminismo é a toma de conciencia pola muller da opresión que padece. Unha opresión que non é só económica, xurídica e sexual, se non sobre todo psicolóxica". Non tódalas feministas poderían estar de acordo con esta última. Unha definición global, que poda reunir tódalas tendencias que se manifestan no seo do feminismo podería ser a seguinte:

O feminismo é un movemento social e político que se inicia formalmente a finais del século XVIII -sen adoptar aínda esta denominación- e que supón a toma de conciencia das mulleres da opresión, dominación, e explotación da que foron e son obxecto por parte do colectivo de varóns no seo do patriarcado baixo as súas distintas fases históricas de modelo de produción, o cal as move á acción para a liberación do seu sexo con tódalas transformacións da sociedade que aquela requira.


Con este obxectivo, o movemento feminista, crea un amplo conxunto de teorías sociais, unha Teoría feminista que deu lugar á aparición de disciplinas como a xeografía feminista, historia feminista ou a crítica literaria feminista, entre outras moitas disciplinas.

Logros sociais de importancia capital como o dereito á propiedade das mulleres, o voto feminino, dereitos reprodutivos, protección contra o acoso sexual e un longo etcétera son debidos á importante influencia do feminismo no conxunto da sociedade ao longo de toda a historia moderna.

O feminismo é un conxunto de correntes moi diversas, polo que é máis correcto falar de "feminismos" que de "feminismo" en singular, podemos encontrar unha ampla variedade de tendencias como por exemplo, o feminismo cultural, o feminismo liberal, o feminismo radical, o ecofeminismo , o anarcofeminismo , o feminismo da diferenza, o feminismo marxista, o feminismo separatista, o feminismo filosófico, o feminismo cristiano, o feminismo islámico, o feminismo post-colonial, o feminismo lésbico ou o feminismo crítico.

2 comentarios:

  1. A miña definisión de feminismo é quererse a unha mesma e luitar para que os nosos soños poidan ser realidade,nas condisións que nos meresemos e as limitasións establesidas pola sosiedade patriarcal sexan menores cada día,ata acadar a liberdade.
    As miñas ansias porque cheghes á nosa ghran romántica son inmensas!

    ResponderEliminar
  2. Por certo, teño no meu poder o diccionario ideolóxico feminista de Victoria Sau, se queres pásocho!. un biquiño e parabéns, aínda que facendo unha pequena crítica, hai partes do blog que non se len ben, polas cores.

    ResponderEliminar

Escribide o que queirades pero con sentidiño!