As ideas da Ilustración xunto coa Revolución Francesa contribuíron en grande medida ao nacemento do feminismo como movemento social pero tamén ao seu primeiro fracaso.
Os grandes escritos desta época son:

-Declaración de independencia dos Estados Unidos atribuída a Tomas Jefferson publicada o 4 de xullo de 1776.
Supón a primeira formulación dos dereitos fundamentais do home:
- vida
- liberdade
- busca da felicidade
-Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán publicada o 28 de agosto de 1789.
- Recoñecemento da propiedade como inviolábel e sagrada
- Dereito de resistencia á opresión
- Dereito a seguridade e igualdade xurídica
- Liberdade persoal garantida
Matizar que ámbalas dúas non presenta unha linguaxe sexista, que é o primeiro que se pode pensar ao lelas. Cando din home refírense exclusivamente aos varóns. As mulleres non desfrutan de ningún dereito.
As feministas máis importantes desta primeira onda son:
-Olimpia de Gougues coa súa obra Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá (1791)
-Mary Wollstonecraft coa súa obra Vindicación dos Dereitos da Muller (1792)
En plena revolución francesa Etta Palm fundou Sociedade Patriótica e de Beneficencia das Amigas da Verdade, o primeiro clube formado unicamente por mulleres que buscaban a igualdade de sexos. Tamén se fundou nesta época o clube Asociación de Mulleres Republicanas Revolucionarias onde se discutían os principios liberais defendendo os dereitos das mulleres.
Comezaron a redactarse os Cuadernos de Queixas, escritos por todo tipo de mulleres reclamando:
- dereito á educación
- dereito ao traballo
- dereitos matrimoniais e respecto aos fillos
- dereito ao voto
Poderíase responder que demostrado, e con razón, que un nobre non pode representar a un plebeo, nin este a un nobre, do mesmo modo un home non podería, con maior equidade, representar a unha muller, posto que os representantes deben ter os mesmos intereses cos representados: as mulleres non poderían pois, estar representadas máis que por mulleres.
Os cadernos, e polo tanto as queixas das mulleres, foron ignoradas. A Revolución francesa pregonaba aos 4 ventos os ideas "Liberté, égalité, fraternité" pero só foron aplicábeis aos varóns. As francesas e o resto de mulleres europeas saíron desta época moito peor.
Por exemplo en Franza en 1973 quedaron oficialmente excluídas de calquer dereito político. No mes de outubro pecharon os clubes femininos e prohibiuse a reunión de máis de 5 mulleres na rúa. En novembro executouse a O. de Gouges. Houbo numerosos encarcelamentos e, finalmente, en 1795 prohibíuselle ás mulleres a asistencia a asembleas políticas.