Só sei que non sei nada! (Sócrates, filósofo 470-399aC)

O silencio social é unha forma de represión


9/4/11

Protofeminismo VI: Muller e Reforma

A Reforma protestante ten dous efectos na muller. Un negativo, posto que co peche de conventos perdeu o acceso á cultura e unha alternativa ao matrimonio, e outro positivo, a atención dos necesitados/enfermos recaeu nas mulleres laicas o cal terá importantes repercursións.
O prototipo de muller protestante é Catherine Von Bora (cun carácter forte, independente, traballadora e que saca adiante a familia sen case axuda do seu marido pero que non ten opinión en asuntos da vida pública) pero tamén atopamos mulleres como Katherina Zell que axuda aos necesitados, predicaba en público (fíxollo no funeral do seu marido) e buscaba solucións aos problemas sociais.
Nomear como precursoras do debate feminista ás mulleres que defenderon o valor das mulleres baseandose nos textos bíblicos. Margarita de Angulema, raíña de Navarra, publicou "Espello da alma pecadora". Nesta obra asume a igualdade do home e a muller en relación coa divinidade. Evitou a persecución grazas a súa posición.
Esta reinvindicación da muller baseándose na Biblia ten o seu precursor no proto-feminista Heinrich Cornelius Agrippa von Nettesheim, que na súa obra "Of the Nobility and Superiority of the Female Sex". Nos seguintes séculos máis homes ergueran a súa voz a favor das mulleres.
Os movementos relixiosos disidentes dentro do protestantismo son importantes por ter unha visión igualitaria do home e a muller. Un exemplo son os Anabaptistas, século XVI, que permitían que homes e mulleres exerceran as mesmas funcións dentro da comunidade, por exemplo a predicación. Mais estas mulleres eran perseguidas polo resto de igrexas.
Dentro da teoloxía feminina atopamos a Ann Lee, seguidora dun grupo disidente dos cuáqueros: os Sherks, que predicaba a existencia dun deus andróxino cunha parte masculina e outra feminina. A súa contemporánea Joanna Southcort escribiu 65 libros narrando as súas visións, segúns as cales, ela era a elexida para anunciar a segunda chegada de Cristo á Terra posto que dunha muller naceu, entre mulleres morreu e a mulleres se lle apareceu resucitado.

Entre as clases altas nomear as bluestocking: amantes da cultura, que lles gustaba estar rodeadas de escritores e artistas, pero sen entrar na defensa da muller. Un exemplo sería a Raíña Cristina de Suecia. Porén, tamén atopamos mulleres que formularon propostas para mellorar a educación das mulleres, por exemplo: Lettice Cary, Hannah Woolley, Bathshua Makin ou Mary Astell. Ademais do francés Poulain de la Barre, quen publicou De l'egalité des deux sex (foi traducida ao inglés baixo o título The Womans as Good the Man). Defendía que as mulleres tiñan a mesma capacidade que os homes para calquera función na sociedade, menos a xefatura militar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribide o que queirades pero con sentidiño!