Só sei que non sei nada! (Sócrates, filósofo 470-399aC)

O silencio social é unha forma de represión


16/2/11

Protofeminismo V: A querelle das femmes

A querelle das femmes foi un longo (no anterios post dixen 3 anos, mentira) que abarca a Baixa Idade Media, a Idade Moderna ata chegar aos tempos da Revolución Francesa.
Foi un debate filosófico, político, técnico, literario...no que se trataba de demostrar a inferioridade natural das mulleres fronte aos homes. Xustificando deste xeito, os sentido do valor do feminino e do masculino e, consecuentemente, a posición de homes e mulleres na orde social (familia, política, cultura...).
Estivo moi vinculado ao mundo das Universidades e, polo tanto, ao mundo ecelsiástico culto, antes de que xurdira o Humanismo.

Este debate consta de dúas fases:
A primeira é un movemento social, protagonizado por mulleres,que recibe o nome de Frauenfrare (Cuestión de mulleres). Foi un movemento inconexo de mulleres que rexeitaban o estilo de vida imposto pola sociedade e se autoorganizaban en casas ao marxe da sociedade. Xa falamos delas, son as beguinas (Protofeminismo III: As beguinas).
A segunda é de caracter académico, supuxo o triunfo da concepción que tiña a filosofía aristotélica no tocante ao que supón ser home e muller, "A Polaridade dos sexos". Nela o filósofo afirma que homes e mulleres somos moi diferentes e ratifica a superioridade masculina fronte á feminina. O triunfo desta teoría prodúxose en 1255, cando a Universidade de París fixo de lectura obrigatoria os textos do autor. Impóndose á teoría que sostiveran mulleres como Hidegard von Bingen (Protofeminismo II) ou Herralda de Hohenbourg, que defendía a "complementaridade dos sexos" afirmando que homes e mulleres somos diferentes pero iguais en "valor". Mencionar que hai unha terceira teoría que defende a "unidade dos sexos" afirmando que homes e mulleres son iguais e non existen diferenzas significativas entre eles.
Ao comezo só participaban homes defendendo ou detractando a superioridade natural dos homes, pero isto cambiou cando Christine de Pizán comezou a opinar tamén sobre o tema.

Que non se acuse de senrazón, arrogancia ou presunción por ousar, eu muller, opoñerme e replicar a un autor tan sutil, nin de reducir o eloxio debido á súa obra, mentres que el, soamente home, ousou difamar e acusar sen excepción a todo o sexo feminino.

O protagonismo desta autora no debate e a difusión das súas obras converteron a querelle das femmes nun fenómeno internacional que chegaría ata a Revolución Francesa. A partir deste momento participaran homes e mulleres na disputa e foron estas primeiras pensadoras as que se negaron a aceptar o que os homes dicían do corpo feminino e da necesaria subordinación das mulleres a eles. Formularon o principio fundamental, aínda vixente hoxe, que di que esa subordinación é de carácter social e non fisiolóxico. Identificaron o concepto de xénero pero sen nomealo. (Escribo parte do fragmento do post anterior cunha ampliación, é interesante lelo despois de matizar estes puntos)

Porfío no parecer, e ninguén poderá manter o contrario, de que se fora costume mandas ás nenas ás escolas e fixéranlles logo aprender as ciencias, cal se fai cos nenos, elas aprenderías a perfección e entenderían as sutilezas de todas as artes e ciencias por igual que eles... pois... aínda en tanto que mulleres teñen un corpo máis delicado que os homes, máis débil e menos hábil para facer algunhas cousas, tanto máis agudo e libre teñen o entendemento cando o aplican. [...] Porén, non hai dúbida de que a Natureza os forneceu cos mesmos dons físicos e intelectuais que proporciona aos homes máis sabios e eruditos que podamos atopar nas grandes vilas ou cidades. Todo isto débese á falta de estudo, o que non exclúe que, tanto entre homes como entre mulleres, algúns individuos sexan máis intelixentes ca outros. Agora, para ilustrar a miña tese da similitude de intelixencia entre o home e a muller, heiche contar o caso dalgunhas mulleres de grandes facultades intelectuais que acadaron un saber profundo.
A querelle das femmes tamén chegou corte de Castela. Mulleres como María de Zayas esribiu a favor da educación e analizou os motivos da inferioridade feminina:

Que razón hai para que eles sexan sabios e presuman de que nós non podamos selo? Isto non ten, ao meu parecer, máis resposta que a súa impiedade ou tiranía en encerrarnos e non darnos mestres.
No tocante a homes que defenderon a educación feminina e denunciaron a infravaloración da intelectual feminina temos ao Padre Feixóo, o Padre Sarmiento e Vicente de Seixo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escribide o que queirades pero con sentidiño!